ASOCIACIÓN DE VECINOS NEIXÓN DE CESPÓN

e-mail. vecinosdecespon@hotmail.com

Dirección. Garamelo-CombaNº36 CP.15991

                  Cespón-Boiro

                          A Coruña

Telf.AV- 628378866

Telf.Presidente- 618981126

 

 

OS CASTROS DE NEIXON DECLARADOS BIC(BEN DE INTERÉS CULTURAL)

  O ámbito que comprende a declaración une o extraordinario valor patrimonial e o singular interese paisaxístico da paraxe natural na que se localizan os xacementos do Castro Grande e o Castro Pequeno de Neixón, aclara a Xunta de Galicia no Consello de hoxe. A delimitación establece unha área de protección integral, que abrangue os dous castros, e un contorno de protección, que é o espazo físico tendo en conta que calquera alteración, podería afectar negativamente os valores, estudo e contemplación da zona arqueolóxica.

  O destacado interese histórico de Neixón vén determinado porque comprende dous dos asentamentos máis representativos da evolución do mundo castrexo desde o século IV a.C ao IV d.C.

  • Igrexa parroquial de San Vicente de Cespón

O templo de Cespón é como unha suma de vicisitudes históricas e artísticas da parroquia. A fábrica, do XII, conserva bóveda románica, gárgolas, columnas, capiteis, arcos e din que o seu solar foi antes cemiterio.

A pesar dos variados cambios sufridos especialmente no século XVIII, os párrocos souberon conservar as elocuentes testemuñas de outros tempos. O perfil e estilo actual é barroco na súa maioría. No van das arquivoltas do pórtico lese que a remodelación foi feita en 1697 por Diego García Fandiño. En 1706 o mesmo Fandiño, asombroso grafómano que ilustrou todos os muros do templo de sentencias e latíns, engadiu a capela lateral da Nosa Señora dos Anxos.

O exterior da igrexa amosa cinco belísimos canzorros románicos nos muros da ábsida, o mesmo que gárgolas e unha cruz orixinalísima no vértice do penal. O pórtico igualmente atesoura testemuñas do XII en columnas, capiteis e arquivoltas. Nun esquinal atopáse un reloxo de soldo XVIII.

No interior do templo consérvanse, con capelas laterais e bóvedas de nervaduras, catro columnas cos seus capiteis formando o presbítero e un extraordinario baldaquino gótico conopial tallado en granito como un encaixe. Logo por diversas fachadas repítesen as escrituras feitas por Fandiño.

  • Cruceiro de Cubeliño

É un cruceiro con capela (Cavidade que se gardaba unha imaxe sagrada e é típico das terras barbanzás), de propiedade particular e que se atopa ascendendo por Quintáns, lugar da parroquia de Cespón. Por estrana coincidencia atópase cerca o coñecido petróglifo denominado Laxe das Cabras. A distancia entre eles é escasamente 100 metros pero no tempo é inmensa. É un magnífico lugar para unha visita. Nese cruceiro fixouse Daniel Rodríguez Castelao para escribir unha das súas obras.